Institución. Goberno e información económica
Padroado e equipo directivo
Flora Pérez Marcote PRESIDENTA
Flora Pérez Marcote

Dª. Flora Pérez Marcote, esposa de D. Amancio Ortega, incorporouse ao Padroado da Fundación Amancio Ortega Gaona en marzo de 2003. Foi vicepresidenta da Fundación dende o ano 2005, e asume o cargo de presidenta da Fundación en agosto de 2023.

Desenvolveu unha longa traxectoria profesional sempre no seo do Grupo Inditex, con responsabilidade en áreas relacionadas co deseño e a compra de produto, e conta con experiencia como administradora de sociedades dende o ano 1992. Dende 2005, é membro do consello de administración de Inditex como representante de Pontegadea, sociedade da que é vicepresidenta primeira.

Amancio Ortega Gaona VOGAL FUNDADOR
Amancio Ortega Gaona

D. Amancio Ortega é vogal e fundador da institución que leva o seu nome, creada pola súa iniciativa persoal en 2001 como instrumento que canaliza a súa inquedanza filantrópica e a da súa familia.

Nacido en 1936 no seo dunha familia traballadora, comezou a traballar no comercio téxtil a unha idade moi temperá. En 1963, puxo en marcha a súa primeira empresa de confección, xerme do grupo Inditex. Creador de Zara (1975) e presidente de Inditex ata 2011, segue a formar parte do seu consello de administración na actualidade. Por medio da sociedade Pontegadea, que preside, mantén unha posición maioritaria no accionariado de Inditex. Na súa xornada diaria simultanea o traballo en Inditex e a súa condición de conselleiro desta sociedade coas labores de primeiro executivo do Grupo Pontegadea e vogal da Fundación Amancio Ortega.

Marta Ortega Pérez VICEPRESIDENTA PRIMEIRA
Marta Ortega Pérez

Dª. Marta Ortega Pérez, filla de Amancio Ortega e Flora Pérez Marcote, é membro do Padroado da Fundación Amancio Ortega dende 2015, exercendo o cargo de vicepresidenta primeira dende agosto de 2023.

Dende o 1 de abril de 2022, é presidenta non executiva de Inditex. Desenvolveu toda a súa traxectoria profesional neste grupo empresarial, ao que se uniu en 2007 tras graduarse en International Business pola Regent’s University London. Nos seus primeiros anos na empresa, desempeñou tarefas profesionais en diferentes destinos internacionais e liñeas de negocio e, posteriormente, incorporouse á área de deseño e desenvolvemento de produto de Zara Woman. Nos últimos anos, formou parte do equipo directivo de Zara, con especial responsabilidade na definición da estratexia de marca e produto. É tamén membro dos consellos de administración de Pontegadea Inversiones e Partler Participaciones, accionistas significativos de Inditex.

José Arnau Sierra VICEPRESIDENTE SEGUNDO
José Arnau Sierra

D. José Arnau Sierra forma parte do Padroado da fundación Amancio Ortega dende a súa constitución en 2001.

É vicepresidente executivo do Grupo Pontegadea, vicepresidente de Inditex e membro de diferentes consellos de administración en representación de Pontegadea, así como patrón de varias fundacións. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Inspector de Facenda do Estado, ocupou diversos cargos na Administración Tributaria antes de incorporarse a Inditex en 1993 como director da Asesoría Fiscal. É o primeiro executivo de Pontegadea dende a súa constitución no ano 2001.

Roberto Cibeira Moreiras VOGAL
Roberto Cibeira Moreiras

D. Roberto Cibeira incorporouse ao Padroado da Fundación Amancio Ortega en 2020.

Conselleiro delegado de Pontevedra, é licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e PDD polo IESE. Iniciou a súa carreira profesional en Arthur Andersen, foi director da súa oficina na Coruña e responsable de auditoría e consultoría para o sector financeiro e de asesoramento en instrumentos de débeda en mercados internacionais. É auditor membro do ROAC desde 2001. Incorporouse en 2003 a Pontegada como responsable de inversión inmobiliarias internacionais e de carácter financeiro. Entre 2010 e 2013 foi membro do consello de administración de NH Hoteles en representación de Pontegadea.

Pablo Isla Álvarez de Tejera VOGAL
Pablo Isla Álvarez de Tejera

D. Pablo Isla Álvarez de Tejera incorporouse ao padroado da Fundación Amancio Ortega en 2005.

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Avogado do Estado, entre 1992 e 1996 foi director dos Servizos Xurídicos do Banco Popular. Posteriormente, foi nomeado Director xeral de Patrimonio do Estado no Ministerio de Economía e Facenda. Dende xullo de 2000 ata 2005, foi presidente do grupo Altadis. En 2005, foi nomeado vicepresidente e conselleiro delegado de Inditex, sociedade da que foi presidente entre 2011 e 2022. Actualmente, é conselleiro independente de Nestlé, presidente do Consello reitor de IE University e membro do padroado da Fundación La Caixa.


Dirección Xeral
Óscar Ortega Chávez
Secretaría do Padroado e Área Xurídica
Jaime Carro Merchán
Dirección de proxectos
Juan Carlos Fernández Herrero
Dirección de Comunicación e Relacións Institucionais
Belén Ocampo Tizón