O obxecto do presente Código de Conduta da FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA GAONA (en diante, a «FAO») é establecer os valores, principios e pautas de comportamento dirixidos a garantir o comportamento ético e responsable de todos os patróns, directivos e empregados da FAO (en diante, «Persoas Suxeitas») no exercicio da súa actividade profesional.
O presente Código de Conduta é un dos elementos principais do Modelo de Prevención e Detección de delitos da FAO, sendo de aplicación a todas as Persoas suxeitas, independentemente da súa situación xeográfica, xerárquica, funcional ou a modalidade contractual que determine a súa relación con esta.
O presente Código ten en conta o principio de responsabilidade penal das persoas xurídicas recollido no ordenamento xurídico español e prevén e prohibe comportamentos das Persoas suxeitas que poidan dar lugar á responsabilidade da FAO.
Este Código é a norma fundamental que debe rexer o comportamento das Persoas suxeitas e constitúe o seu compromiso cos principios éticos que deben rexer en todos os ámbitos de actuación, establecendo os valores, principios e pautas de conduta destinados a garantir o comportamento ético e responsable das Persoas Suxeitas, describindo a cultura corporativa da FAO.
A FAO conta cun Código de Conduta de provedores no que se establecen as pautas de comportamento requiridas aos seus provedores.
A continuación descríbense os principios e valores que son de aplicación ás Persoas Suxeitas.
3.1. RESPECTO DA LEGALIDADE E VALORES ÉTICOS
A FAO promove entre as Persoas Suxeitas un comportamento baseado no respecto pola legalidade vixente e os valores e principios éticos, piares que compoñen a cultura de cumprimento da FAO.
Todas as Persoas Suxeitas actuarán en cumprimento estrito da legalidade vixente e respectando os principios éticos internacionalmente recoñecidos contidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos, rexéndose en todo momento polo respecto dos dereitos humanos e os valores de integridade e honestidade e evitando calquera actuación que poida ser contraria á legalidade vixente.
3.2. RESPECTO ÁS PERSOAS E NON DISCRIMINACIÓN
As relacións entre as Persoas Suxeitas, así como as relacións con terceiros, baséanse no respecto profesional, a confianza e a colaboración mutua. A FAO rexeita firmemente calquera tipo de acoso, así como calquera conduta intimidatoria ou ofensiva para os dereitos das persoas.
No exercicio da súa actividade profesional, a FAO non acepta discriminación ningunha por raza, etnia, cor, nacionalidade, idade, sexo, estado civil, orientación sexual, ideoloxía, afiliación sindical, relixión, situación familiar, discapacidade ou calquera outro tipo de condición dos seus empregados ou de terceiros. A FAO respecta e protexe a liberdade sexual, a intimidade e a integridade moral das Persoas Suxeitas e de terceiros no ámbito de toda actividade laboral ou profesional.
A FAO promove o desenvolvemento profesional das Persoas Suxeitas e ofrece igualdade de oportunidades no desenvolvemento da súa carreira profesional. Neste sentido, a FAO aplica altos estándares éticos en todos os procesos de contratación e promoción de carreira.
3.3. COMPROMISO CO AMBIENTE
3.3.1. Ambiente de traballo
A FAO pon a disposición das Persoas Suxeitas medios suficientes para o desenvolvemento da súa actividade. Ademais, adopta as medidas preventivas establecidas na lexislación aplicable para garantir a seguridade e saúde das Persoas Suxeitas.
A FAO respecta a liberdade de asociación sindical e o dereito á negociación colectiva dos traballadores, con suxeición á normativa aplicable en cada caso.
A FAO rexeita firmemente as formas modernas de escravitude e o traballo infantil, respectando os principios éticos internacionalmente recoñecidos e disposicións da Organización Internacional do Trabajo (OIT).
A FAO respecta a lexislación e os convenios colectivos de aplicación con relación aos salarios mínimos que deben ser abonados ás Persoas Suxeitas.
3.3.2. Respecto polo medio
No desempeño da súa actividade empresarial, a FAO adoptará unha actitude ética responsable que axunte a creación de valor cun desenvolvemento sostible que contemple como principais obxectivos a protección do medio, cumprindo a normativa de aplicación e minimizando o impacto que as actividades empresariais poidan ter sobre o medio.
As Persoas Suxeitas protexen e respectan o medio e desenvolverán a súa actividade minimizando o impacto ambiental derivado do seu exercicio, procurando o uso eficiente de todos os recursos dos que dispón a FAO.
3.4. RELACIÓNS CON TERCEIROS
Nas súas relacións con terceiros, as Persoas Suxeitas non aceptan, nin directa nin indirectamente, obsequios ou compensacións de ningún tipo que teñan por obxecto influír de xeito impropio nas súas relacións profesionais ou administrativas, tanto con entidades públicas como privadas.
A FAO non realiza entrega, promesa nin ofrecemento de ningunha clase de pagamento, comisión, agasallo nin retribución a ou de ningún empregado, directivo nin administrador de empresas coa finalidade de obter un trato favorable ante a competencia ou de conseguir unha oportunidade de negocio.
As Persoas Suxeitas unicamente poderán aceptar de terceiros agasallos, obsequios ou atencións cuxo valor non supere os 300 euros. En caso de que o valor do agasallo supere o anterior importe, deberá consultarse co Órgano de Cumprimento, que deberá autorizar de forma excepcional esa prestación.
A FAO manifesta o seu firme compromiso e tolerancia cero con calquera forma de corrupción (corrupción entre particulares, suborno, tráfico de influencias etc.) e os estándares de actuación aparecen na Política anticorrupción.
3.4.1 Relacións con beneficiarios
As relacións entre a FAO e os seus beneficiarios réxense polos principios de honestidade e transparencia, buscando sempre a satisfacción dos beneficiarios no desenvolvemento das relacións de negocio.
As Persoas Suxeitas non realizan actuacións que poidan ser equívocas ou xerar, de xeito directo ou indirecto, un engano a beneficiarios ou a calquera terceiro para conseguir que estes realicen algunha operación ou que contraten algún produto que, en caso de ter coñecido as súas características reais, non terían realizado ou contratado.
3.4.2 Relacións con provedores
As relacións entre a FAO e os seus provedores baséanse no respecto, a confianza e a boa fe.
O persoal encargado de seleccionar aos provedores evita os conflitos de interese entre a FAO e os terceiros contratados e, a tal efecto, séguense uns principios de transparencia e imparcialidade.
As Persoas suxeitas evitan calquera clase de interferencia ou influencia dos provedores ou de terceiros que poida alterar a obxectividade do proceso de selección e contratación, así como os principios que rexen a relación entre a FAO e os seus provedores.
3.4.3 Relacións con terceiros (administracións públicas, empresas e outros axentes do mercado)
A actividade da FAO réxese polos principios de transparencia e honestidade nas relacións con terceiros axentes que participan no mercado, tanto públicos como privados.
Nas relacións coas administracións públicas (de calquera ámbito, local, autonómico, estatal, comunitario e internacional, incluídas as empresas públicas e outras entidades ou organizacións de carácter público), as Persoas Suxeitas actúan seguindo uns principios de integridade e honradez, con respecto absoluto ás normas de comportamento que rexen as relacións con organismos e autoridades públicas e rexeitando calquera actuación que se poida vencellar co suborno, o tráfico de influencias ou calquera forma de corrupción.
No transcurso de calquera tipo de relación coas administracións ou empresas públicas, ningunha Persoa Suxeita pode ofrecer, conceder, solicitar ou aceptar, directa ou indirectamente, agasallos ou dádivas, favores ou compensacións, en metálico ou en especie, independentemente da súa natureza, a ou de autoridades, organismos reguladores, funcionarios públicos ou calquera persoa que participe no exercicio da función pública que poida influír e vencellar tal acción coa adopción de decisións relativas á FAO polas administracións ou institucións pertinentes.
Ademais, a FAO está comprometida co cumprimento da legalidade, prestando a máxima cooperación coas autoridades en todos aqueles asuntos nos que se requira, incluída a loita contra o branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo.
A FAO non acepta en ningún caso que se leve a cabo unha actuación contraria aos principios descritos neste Código que poida comprometer a súa imaxe ou a integridade das Persoas Suxeitas.
Ademais, a FAO defende o bo funcionamento do mercado, a confianza, honestidade e ética profesionais. A FAO comprométese a cumprir a normativa de defensa da competencia, evitando calquera conduta que poida constituír colusión, abuso ou restrición da competencia, actuando nos mercados de forma leal, sen realizar publicidade enganosa nin prácticas denigrantes de terceiros.
A FAO defende unha correcta xestión tributaria e a contribución ao sostemento do gasto público, promovendo a transparencia na realización de todas as súas operacións, así como a colaboración coa Axencia Tributaria.
3.4.4 Relacións coa sociedade
As Persoas Suxeitas manterán independencia nas súas actuacións. Calquera contribución que, no seu caso, realicen a partidos políticos, autoridades, organismos, administracións públicas e institucións en xeral, farase sempre de acordo coa lexislación vixente, a título persoal e garantindo a súa independencia. En caso de que poida xurdir un conflito de interese con respecto á aceptación dun cargo público, a Persoa suxeita deberá informar da situación ao Órgano de Cumprimento.
A FAO asume como principios de comportamento a transparencia e fiabilidade da información financeira e o cumprimento da normativa aplicable, reflectindo con claridade e precisión as transaccións, feitos e eventos nos seus rexistros.
3.5. POLÍTICAS DE INFORMACIÓN
A FAO considera a información como un dos activos máis valiosos, polo que, dende este Código de Conduta, promóvese o seu uso protexido.
3.5.1. Confidencialidade
A escala interna, as Persoas Suxeitas tratan a información á que accedan por razón da súa actividade profesional de forma confidencial e reservada, absténdose de utilizar no seu propio beneficio e de comunicar de calquera maneira, calquera dato, información ou documento obtido durante o exercicio da súa actividade na FAO.
A obriga de confidencialidade permanecerá unha vez concluída a actividade na FAO e abranguerá a obriga de devolver calquera material relacionado con esta que teña no seu poder a Persoa Suxeita no momento do fin da súa relación coa FAO.
A FAO non permite o uso de información procedente doutras entidades que se poida cualificar como confidencial. Todo isto afecta tanto ás actuais Persoas Suxeitas como a aquelas que nun futuro fosen contratadas, que non poderán achegar ao seu novo posto de traballo documentos, ficheiros, soporte lóxico nin calquera outro tipo de soporte de información procedente de terceiras entidades.
3.5.2. Tratamiento de datos personales
A FAO garante a confidencialidade dos datos persoais de Persoas Suxeitas, beneficiarios, provedores e calquera outro terceiro, comprometéndose a non revelalos, salvo consentimento dos anteriores, concorrencia de obriga legal ou cumprimento de resolucións xudiciais ou administrativas.
A captación, utilización e tratamento dos datos de carácter persoal realízase de forma que se garanta o dereito á intimidade, dando cumprimento á lexislación sobre protección de datos de carácter persoal na medida en que resulte aplicable.
3.6. USO E PROTECCIÓN DOS ACTIVOS
As Persoas Suxeitas comprométense a realizar un uso responsable dos activos, recursos e calquera outro medio posto á súa disposición para o desenvolvemento da súa actividade profesional.
As Persoas Suxeitas non están autorizadas ao acceso de ordenadores alleos, o manexo de información ou «software» non facilitados ou autorizados pola FAO e a realización de copias de ningún programa da FAO nin de terceiros.
A este respecto, as Persoas Suxeitas respectan a propiedade intelectual e o dereito de uso que corresponde á FAO na relación cos cursos, proxectos, programas e sistemas informáticos, equipos, manuais e vídeos, coñecementos, procesos, tecnoloxía, «know how» e, en xeral, os traballos e obras desenvolvidos ou creados na FAO, ben como consecuencia da súa actividade profesional ou da de terceiros. Por tanto, o seu uso realízase no exercicio da actividade profesional neste e devolverase todo o material no que se soporten cando se soliciten.
A FAO é a titular da propiedade e dos dereitos de uso e explotación dos programas e sistemas informáticos, equipos, manuais, proxectos, estudos, informes e demais dereitos e obras creados ou desenvolvidos polas Persoas suxeitas no marco da súa actividade profesional ou con base nas facilidades informáticas da FAO.
A FAO comprométese a respectar igualmente os dereitos de propiedade intelectual e industrial que ostenten terceiras persoas alleas a ela.
O Órgano de Cumprimento é o responsable de velar polo cumprimento dos principios xerais de comportamento establecidos neste Código de Conduta. Para tal efecto, desenvolve as seguintes funcións:
No exercicio das súas funcións, o Órgano de Cumprimento garante:
Para o exercicio destas funcións, o Órgano de cumprimento poderá contar coa colaboración dun terceiro independente da FAO.
O presente Código de Conduta difúndese entre todas as Persoas Suxeitas.
Todas as Persoas Suxeitas están obrigadas ao cumprimento do presente Código de Conduta dende o momento da súa incorporación á FAO e durante o seu desempeño profesional para esta, debendo deixarse constancia por escrito da súa aceptación e do compromiso no seu desempeño profesional cos valores, principios e normas de conduta contidos nel.
O incumprimento do Código de Conduta compromete a reputación e imaxe corporativa da FAO, polo que todas as Persoas Suxeitas están obrigadas a pór en coñecemento do Órgano de cumprimento calquera conduta que contraveña ou poida contravir o Código de Conduta, utilizando para tal efecto a Caixa de Correo Ética á que se refire o Anexo ao presente Código de Conduta.
O incumprimento do presente Código de Conduta, así como das disposicións do Modelo de Prevención e Detección de Delitos, podería levar a aplicación do sistema disciplinario, podendo derivar na extinción da relación laboral ou outras sancións previstas no Estatuto dos Traballadores ou nos correspondentes convenios colectivos, sen prexuízo das sancións administrativas ou penais que se poidan derivar.
O presente Código de Conduta foi aprobado polo Padroado da FAO, incorporándose á normativa interna desta e permanecendo vixente mentres non se aprobe a súa anulación ou modificación.
Calquera modificación do presente Código de Conduta deberá contar coa aprobación do Padroado da FAO.
O Órgano de Cumprimento encargarase de presentar propostas de modificacións ao Padroado da FAO en función das suxestións e modificacións que propoñan as Persoas Suxeitas, dos futuros compromisos que poida adquirir a FAO no exercicio da súa actividade, dos cambios que se produzan no entorno da FAO e dos cambios lexislativos que poidan afectar ao seu contido.
Que é?
A FAO pon á disposición das Persoas Suxeitas unha Caixa de Correo Ética a través da cal, estas poderán comunicar ao Órgano de Cumprimento calquera tipo de comportamento ilícito ou incumprimento do Código de Conduta do que teñan coñecemento.
Que condutas se poden denunciar?
Poderanse e deberanse denunciar todas aquelas irregularidades ou actos contrarios á legalidade ou ás normas de actuación contidas no Código de Conduta ou no Modelo de Prevención e Detección de Delitos.
Ademais, poderanse e deberanse comunicar todas aquelas sospeitas relativas a:
A través de que medios podo interpoñer unha denuncia?
Toda Persoa Suxeita que teña coñecemento da comisión dunha irregularidade deberá poñela de manifesto a través dos canais habilitados para tal efecto pola FAO:
As denuncias interpostas poderán ser anónimas.
Adicionalmente, a FAO puxo a disposición de terceiros cun interese lexítimo o acceso a esta Caixa de Correo, para que, no caso de detectar un posible incumprimento ou actividade delituosa, o poidan comunicar.
Quen o xestiona?
As denuncias remitidas por esta canle son xestionadas polo Órgano de Cumprimento, que se encarga de analizar os feitos denunciados, tramitar as comunicacións recibidas e tramitar e resolver os expedientes que se inicien como consecuencia das denuncias, con absoluta independencia e confidencialidade de todos os órganos responsables da xestión da compañía, salvo o Padroado.
Todo isto asegurando a máxima confidencialidade sobre a identidade da persoa que notifica, sen prexuízo das obrigas legais e da protección dos dereitos correspondentes ás empresas e persoas acusadas inxustamente ou de mala fe. Non se poderá empregar esta Caixa de Correo Ética baixo móbiles ilexítimos, persoais ou contrarios á boa fe.
No exercicio desta función, o Órgano de Cumprimento respectará os principios establecidos no Código de Conduta no relativo a garantir a confidencialidade da identidade e a ausencia de represalias ou medidas negativas contra a persoa denunciante de boa fe. Igualmente, respectaranse os dereitos á intimidade, defensa e presunción de inocencia da persoa denunciada.
A recepción e o tratamento das denuncias presentadas están regulados no Regulamento da Caixa de Correo Ética.