O Padroado da FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA (en adiante "FAO"), de conformidade co disposto no artigo 19.3.e dos seus Estatutos, ten a facultade de aprobar e facer efectiva a implantación daqueles códigos de bo goberno e regulamentos de réxime interior que estime oportuno co fin de asegurar o bo goberno da institución e alcanzar de forma efectiva os fins fundacionais. Ao amparo do anterior, o Padroado da FAO aprobou o presente Código de Bo Goberno, no que se establecen os valores, principios e pautas de comportamento que deben ser aplicados polos seus patróns, directivos e empregados, e que a FAO trasladará aos seus provedores e colaboradores
A FAO ten xenericamente por obxecto a promoción, fomento, desenvolvemento, execución e financiamento de todo tipo de actividades que coadxuven á difusión e extensión da cultura, da educación, da investigación, da acción social e asistencial e da ciencia en calquera das súas manifestacións.
Fundación Amancio Ortega, guiada pola experiencia e o desexo do seu fundador de contribuír á construción dunha sociedade mellor, traballa coa vontade de crear oportunidades en dous sectores clave para que as persoas desenvolvan unha vida de calidade: a Educación e o Benestar Social.
Ao Padroado, como órgano de goberno e representación da Fundación, correspóndelle cumprir os fins fundacionais e administrar os bens e dereitos que integran o patrimonio da Fundación mantendo plenamente o rendemento e utilidade dos mesmos nos termos establecidos na normativa sobre fundacións.
O Padroado executará as funcións que lle corresponden con respecto ao disposto no ordenamento xurídico e nos Estatutos da Fundación. En concreto, o título CUARTO dos mencionados estatutos fai referencia detallada á súa composición, responsabilidades e funcionamento.
Na súa actuación o Padroado deberá axustarse á vontade do fundador manifestada nos Estatutos e ao preceptuado na lexislación vixente.
O Padroado estará composto por un mínimo de cinco membros. O fundador será membro nato e vitalicio do Padroado e poderá nomear outros patróns, vitalicios ou por prazo determinado.
Calquera outras persoas designadas para integrar o Padroado terán a condición de patróns electivos e exercerán o seu mandato por un período de cinco anos, podendo ser reelixidos.
Son cargos necesarios do Padroado os de presidente e secretario, pudendo existir un ou varios vicepresidentes e un vicesecretario:
Sen prexuízo da facultade recoñecida ao Fundador, os sucesivos membros do Padroado serán designados por este a proposta do seu presidente ou de dúas terceiras partes dos seus membros, mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terceiras partes dos asistentes sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número de membros do Padroado.
Producida unha vacante, o Padroado reunirase no prazo máximo de trinta días para designar a persoa que ocupe a mesma ou para amortizar a praza vacante, o que requirirá acordo adoptado co mesmo quórum mencionado.
O cesamento e a suspensión dos patróns da Fundación producirase polas causas establecidas na normativa reguladora das fundacións e, ademais, agás no caso dos patróns natos e dos vitalicios, polo cumprimento da idade de 68 anos. O fundador ou o Padroado mediante acordo adoptado co voto favorable das dúas terzas partes dos asistentes, sempre que, ademais, supoña a maioría absoluta do número dos seus membros, poderán acordar a suspensión ou o cesamento dos patróns electivos sen necesidade de invocar outro motivo que o interese da Fundación.
En caso de renuncia, esta será efectiva desde que se notifique ao Padroado.
O Padroado reunirase ao menos dúas veces ao ano e, ademais, tantas veces como o requira o interese da Fundación, previa convocatoria do presidente, por propia iniciativa ou a instancia da metade máis un dos seus membros. A reunión poderá celebrarse en calquera lugar de España ou do estranxeiro.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, non será precisa convocatoria previa e o Padroado quedará validamente constituído para tratar calquera asunto cando se encontren presentes todos os patróns e acorden por unanimidade a celebración da reunión e a orde do día correspondente.
As reunións do Padroado entenderanse validamente constituídas cando concorran a elas, presentes ou representados, na forma legalmente establecida, polo menos a metade mais un dos seus membros.
Salvo aqueles supostos nos que a normativa sobre fundacións ou os estatutos requiren un quórum cualificado, os acordos adoptaranse por maioría dos asistentes, e será dirimente en caso de empate o voto do seu presidente.
As deliberacións substanciais das reunións do Padroado e os acordos adoptados faranse constar en actas estendidas no correspondente libro e serán asinadas por quen tivesen actuado como presidente e secretario.
As actas poderán ser aprobadas na mesma ou na seguinte reunión do Padroado. As certificacións de tales actas e dos acordos do Padroado serán expedidas polo secretario co visto e prace do presidente ou, no seu caso, por quen os substitúan.
Se o Padroado non designase quen dos seus compoñentes teñen que executar os seus acordos, entenderase que a execución corresponde ao seu presidente.
O secretario e o vicesecretario, aínda que no teñan a condición de patróns, terán a facultade de elevar a instrumento público os acordos do Padroado.
O nomeamento dun patrón da FAO implica o cumprimento estrito dunha serie de obrigas:
Os patróns responderán solidariamente fronte á Fundación dos danos e prexuízos que causen por actos contrarios á Lei ou aos Estatutos ou polos realizados sen a dilixencia coa que deban desempeñar o cargo. Quedarán exentos de responsabilidade quen teñan votado en contra do acordo e quen proben que, no tendo intervido na súa adopción e execución, descoñecían a súa existencia ou, coñecéndoa, fixeron todo o conveniente para evitar o dano ou, ao menos, se opuxeron expresamente a aquel.
Os patróns exercerán o seu cargo gratuitamente sen que poidan percibir retribución polo desempeño da súa función, sen perxuízo do seu dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados que o desempeño da súa función lles ocasione.
Os patróns da FAO deberán orientar as súas decisións e actuacións con base nos seguintes principios reitores, que tamén deberán ser trasladados ao equipo de xestión, colaboradores e provedores:
RELACIÓN CON DOANTES
Naqueles casos nos que a FAO reciba e acepte doazóns, o Padroado e a Dirección veranse obrigados a ser transparentes cos seus doantes, asegurando que as súas achegas van destinadas aos fins que se teñen acordado e atendendo, no menor prazo de tempo posible, calquera petición de información relacionada co destino dos seus fondos.
Así mesmo, respectarase o dereito á confidencialidade dos doantes, mantendo o seu anonimato e non revelando información acerca dos mesmos agás todos aqueles datos requiridos para o cumprimento das obrigas legais, e en especial daquelas relacionadas coa prevención de branqueo de capitais.
RELACIÓN CON VOLUNTARIOS
Naqueles casos nos que a FAO incorpore voluntarios, a participación destes será altruísta e conforme coa lexislación vixente.
A participación estará condicionada á sinatura dun Compromiso de Voluntariado no que se definirán as funcións, dereitos e obrigas dos voluntarios. Unha vez asinado, a FAO comprometerase a formar os voluntarios e subscribirá para estes un seguro de voluntariado que cubrirá calquera risco de accidente e enfermidade no exercicio da actividade voluntaria, así como a responsabilidade civil por danos causados a terceiros que puidese ser esixida ao voluntario ou á FAO.
RELACIÓN CON EMPREGADOS
A FAO promove o desenvolvemento profesional dos seus empregados e ofrece igualdade de oportunidades no desenvolvemento da carreira profesional dos mesmos. Neste sentido, a FAO aplica altos estándares éticos en todos os procesos de contratación (sexa de persoal interno, sexa de terceiros).
A FAO pon a disposición dos empregados medios suficientes para o desenvolvemento da súa actividade. Así mesmo, a FAO adopta as medidas preventivas establecidas na lexislación aplicable para garantir a seguridade e a saúde dos seus empregados.
Anualmente, os responsables da FAO reportarán ao Protectorado as súas contas anuais e o seu plan de actuación.
Ademais, a través da páxina web da FAO con URL www.faortega.org, a institución dará a coñecer á cidadanía os seus proxectos, colaboracións e beneficiarios, así como as súas contas anuais. Neste mesmo medio tamén se manterán actualizados os fins fundacionais, estatutos e a información acerca do Padroado e do bo goberno recollida no presente documento.
O Padroado da FAO contará cun Código de Conduta para a realización de inversións financeiras temporais e implantará mecanismos internos de control financeiro que velarán pola preservación do patrimonio fundacional guiándose polos principios de coherencia, seguridade, liquidez, diversificación, austeridade, rendibilidade e transparencia.
Controlarase tamén a efectividade das inversións realizadas a través da implantación de indicadores de impacto social e resultados efectivos de cada proxecto ou actuación. No caso das doazóns a beneficiarios, implantaranse mecanismos para controlar a correcta aplicación dos recursos económicos ou materiais doados aos fins acordados.
As contas anuais serán sometidas a unha auditoría externa.
Anualmente, o Padroado avaliará o desempeño da FAO baseándose non só no cumprimento dos obxectivos e a utilización dos recursos da Fundación, senón tamén no compromiso, dedicación, creatividade, innovación, control da organización e dos seus recursos humanos e satisfacción de beneficiarios.
O presente Código incorporarase á normativa interna da FAO, permanecendo vixente en tanto non se aprobe a súa anulación ou modificación.
Calquera tipo de modificación do presente Código deberá contar coa aprobación do Padroado da FAO.
Todos os membros do Padroado están obrigados ao cumprimento do presente Código de Bo Goberno, debendo deixarse constancia por escrito da súa aceptación e compromiso no seu desempeño profesional dos valores, principios e normas de conduta contidos no mesmo.
O incumprimento do Código de Bo Goberno compromete a reputación e imaxe corporativa da Fundación, polo que todos os patróns están obrigados a pór en coñecemento do presidente, o no seu defecto dun dos vicepresidentes, calquera actuación da que tivesen coñecemento que contraviñese ou puidese contravir o Código co obxectivo de adoptar as actuacións que correspondan fronte ao citado incumprimento.