A Fundación Amancio Ortega ten por obxecto a promoción, fomento, desenvolvemento, execución e financiamento de actividades que coadxuven á difusión e extensión da educación, da acción social e asistencial, así como da formación e aprendizaxe que contribúan ao avance nos aspectos fundamentais dunha sociedade integral.
O Padroado da Fundación Amancio Ortega, en conformidade co disposto no artigo 19.3.e dos seus Estatutos, ten a facultade de aprobar e facer efectiva a implantación daqueles códigos de bo goberno e regulamentos de réxime interior que estime oportuno co fin de asegurar o bo goberno da institución e alcanzar de forma efectiva os fins fundacionais.