Institución. Goberno e información económica

A Fundación en Cifras

Inversión en proxectos 2023
en millóns de euros
Inversión social en proxectos propios e financiamento a outras institucións
82,7
Área educativa
11,2
Área de benestar social
71,5
Gastos de estrutura
0,4
Total
83,1
Investimento por áreas 0% 25% 50% 75% 100%
Educación
Benestar social
Educación

A Fundación desenvolve proxectos propios co obxectivo de que os seus participantes medren a nivel individual e enriquezan a sociedade. Actualmente, nesta área atópanse o Programa de Bolsas, a través do cal estudantes españois de bacharelato cursan un ano académico en centros educativos dos Estados Unidos e Canadá, convivindo con familias locais; o Máster en Produción Xornalística e Audiovisual, destinado a alumnos graduados e licenciados no ámbito da Comunicación e a Produción Audiovisual; e o proxecto Impulsa, centrado en favorecer a finalización da escolarización obrigatoria do alumnado de contornas vulnerables.

Benestar social

A Fundación colabora con administracións públicas e entidades do terceiro sector para reforzar infraestruturas e servizos de benestar social. Entre as principais iniciativas en curso atópanse a construción do primeiro Centro de Atención Integral de Coidados Paliativos Pediátricos en Madrid, o centro de rehabilitación neurolóxica NIPACE en Guadalaxara e o Centro Únicas Sant Joan de Déu en Barcelona. Ademais, continuaron os proxectos de apoio aos sectores máis vulnerables da sociedade a través de proxectos de colaboración con Cruz Vermella Española, Cáritas Española e a Federación Española de Bancos de Alimentos.

Inversión social executada e comprometida
en millóns de euros
Executada
2019-2023
Comprometida
2024-2028
Inversión social en proxectos propios e financiamento a outras institucións 447,6 681,7
Educación 43,3 54,1
Benestar social 404,3 627,6
Gastos de estrutura 1,5 0,8
Total 449,1 682,5

A cifra de investimento comprometida para o período 2024-2028 inclúe o acordo de doazón de 30 millóns de euros á Fundación Porque Viven para a construción dun Centro de Atención Integral de Coidados Paliativos Pediátricos e os convenios de colaboración asinados con Cruz Vermella Española (15 millóns de euros), Cáritas (15 millóns de euros) e a Federación Española de Bancos de Alimentos (10 millóns de euros); ademais do compromiso de 300 millóns de euros para o Programa Nacional de Protonterapia.

Investimento social por áreas 0 25% 50% 75% 100%
Educación (2019-2023)
Educación (2024-2028)
Benestar social (2019-2023)
Benestar social (2024-2028)
Ingresos da fundación
en millóns de euros
2023
2019-2023
Aportacións do fundador 80,6 445,5
Ingresos financeiros 2,5 3,7
Tipo de ingreso 0% 25% 50% 75% 100%
Aportacións do fundador (2023)
Ingresos financeiros (2023)
Aportacións do fundador (2019-2023)
Ingresos financeiros (2019-2023)
Instrumentos financeiros
Información sobre natureza e nivel de risco

Con data 12 de xuño de 2012 o Padroado da Fundación aprobou a modificación do Código de Conduta dos investimentos financeiros da Fundación, vixente desde 30 de xuño de 2004. Dito código rexe os criterios de investimento e os límites máximos permitidos nos investimentos, así como o tipo de produtos e divisas permitidos nos citados investimentos.

A xestión dos riscos financeiros da Fundación está centralizada nun membro do Padroado responsable dos investimentos financeiras da Fundación. Dito responsable é designado por un período de tres anos e entre as súas responsabilidades encóntranse a supervisión e selección dos investimentos así como do bo cumprimento do Código de Conduta.

Con carácter xeral a Fundación mantén a súa tesouraría e activos líquidos equivalentes, así como investimentos financeiros a longo e curto prazo en entidades financeiras de elevado nivel crediticio.

O Código de Conduta establece limitacións en canto á cualificación do risco crediticio, limitando os investimentos a aqueles con emisores pertencentes a países da O.C.D.E. e cunha cualificación de risco de crédito nunca inferior a BBB- o Baa3, agás emisións do Estado español, que poderán ser contratadas en todo caso.

Co fin de asegurar a liquidez e poder atender todos os compromisos de pagamento que se derivan da súa actividade, a Fundación mantén en todo momento un coeficiente de liquidez, en contas correntes ou depósitos á vista, por un importe equivalente ao 0,5% do total dos investimentos financeiros.

O Código de Conduta establece que todos os produtos financeiros contratados pola Fundación estarán denominados en euros.

Tipoloxía de activos e ingresos obtidos

Os ingresos obtidos con orixe nos instrumentos financeiros propiedade da Fundación, de entre os cales destacan especialmente as imposicións a prazo fixo, xeran menos dun 10% do total dos ingresos.

Peso relativo por tipoloxía de activo financeiro

Exercicio
2023
TESOUREIRA
IMPOSICIÓNS A PRAZO FIXO
Exercicio
2022
TESOUREIRA
IMPOSICIÓNS A PRAZO FIXO
RENDA FIXA
Bases de presentación

A metodoloxía empregada por parte da Fundación Amancio Ortega para presentar a información sobre as súas actividades asegura que os datos presentados son veraces e mostran unha información actualizada e completa. Dita metodoloxía está baseada nos seguintes principios básicos:

  • Contidos accesibles e visuais.
  • Información actualizada e íntegra.
  • Contido presentado atendendo á súa relevancia.
  • Información veraz.

Dita información, é elaborada de acordo co marco normativo de información financeira aplicable á Fundación Amancio Ortega, o cal se establece en:

  • O Código de Comercio e a restante lexislación mercantil.
  • O Plan Xeral de Contabilidade e, en particular, as Normas de Adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás Entidades Sen Fins Lucrativos e o Modelo de Plan de Actuación destas Entidades.
  • Lei 12/2006, de 1 de decembro, de fundacións de interese galego e desenvolvemento normativo contido no Decreto 14/2009, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, así como, en determinados preceptos, Lei 50/2002, de 26 de decembro, de Fundacións, desenvolvida polo Real Decreto 1337/2005, de 11 de novembro, polo que se aproba el Regulamento de fundacións de competencia estatal.
  • Resto da normativa contable e fiscal española que resulte de aplicación.