En outubro de 2021, a Fundación Amancio Ortega acordou co Goberno de España e varias comunidades autónomas unha doazón de 280 millóns de euros para instalar dez aceleradores de protóns no sistema público de saúde.
Especialmente indicada para o tratamento do cancro en nenos e tumores de difícil acceso, a protonterapia é a tecnoloxía dispoñible máis precisa e máis avanzada para loitar contra o cancro mediante radioterapia. Coa incorporación destes dez primeiros equipos, a sanidade española situarase no grupo de cabeza entre os países que contan con esta tecnoloxía e terá a capacidade de tratar cada ano a miles de pacientes preto do seu lugar de residencia.
Os equipos instalaranse nas Comunidades Autónomas de: Galicia (Santiago de Compostela), Cataluña (Barcelona, dous equipos), País Vasco (Bizkaia), Madrid (dous equipos), Andalucía (Málaga e Sevilla), Valencia e as Illas Canarias (Gran Canaria).