Educación
Proxectos en curso

Programa de Bolsas

A Fundación Amancio Ortega puxo en marcha o Programa de Bolsas no ano 2010, co ofrecemento de 50 bolsas a estudantes de centros educativos de Galicia para estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos. Tres anos máis tarde, a iniciativa estendeuse ao resto de España e incorporou tamén a Canadá como novo destino. Dende entón, o número de bolsas foi aumentando progresivamente.

Máis alá de impulsar a aprendizaxe da lingua inglesa dos mozos, o obxectivo do Programa é favorecer un proceso de inmersión cultural. Para iso, os estudantes conviven cunha familia anfitrioa e acoden a centros educativos locais para impulsar así a súa inmersión na cultura do país de destino e desenvolver a súa capacidade de adaptación. A idade na que se atopan favorece a absorción de coñecementos e experiencias vitais, ao mesmo tempo que garante a responsabilidade e autonomía suficientes para unha integración total.

A bolsa cubre todos os servizos necesarios para realizar un curso escolar no estranxeiro: viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia anfitrioa, seguro médico e de accidentes, revalidación do ano académico e apoio continuado durante a estancia.

Aínda que, na edición 2020/2021, as restricións vinculadas á pandemia de COVID-19 provocaron que a Fundación Amancio Ortega deseñase para os estudantes seleccionados un programa educativo non presencial (o Advanced Talent Training), en setembro de 2021, a Fundación Amancio Ortega reiniciou a actividade orixinal do Programa coa convocatoria de 400 bolsas para realizar o curso 2022/2023 en Canadá ou Estados Unidos.

Ata 2024, o Programa de Bolsas da Fundación Amancio Ortega outorgou un total de 4.725 bolsas.

Máis información en: becas.faortega.org

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2010
Beneficiarios
400 estudantes/ano
Investimento acumulado ata 2022
68,52 millóns de euros
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 04
Impacto complementario
ODS: 10
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2010
Beneficiarios
400 estudantes/ano
Investimento acumulado ata 2022
68,52 millóns de euros