En novembro de 2024, a Fundación Amancio Ortega estableceu unha liña de axuda dirixida ás persoas afectadas pola DANA que, durante a última semana do mes de outubro, provocou graves inundacións e perdas persoais e materiais en España. Estas axudas teñen como obxectivo apoiar ás persoas físicas que sufriran danos nas súas vivendas, mobiliario, pertenzas, electrodomésticos, vehículos necesarios para o traballo e a perda da fonte de ingresos.
A axuda foi tramitada a través dos concellos afectados que rexistraran danos persoais, sendo a poboación a beneficiaria final. A Fundación Amancio Ortega contou co asesoramento da Deputación de Valencia para a selección destes concellos afectados, resultando un total de 40 entidades locais, 38 pertencentes á Comunidade Valenciana e 2 á comunidade de Castela-A Mancha.
A xestión das axudas realízase directamente polos servizos dos Concellos afectados, comprometéndose ao rexistro dos datos para o posterior control dos destinatarios e do uso final das cantidades entregadas.
As axudas inclúen a posibilidade de destinar unha parte dos fondos á contratación de persoal para a súa xestión, se fose o caso.