Benestar social
Proxectos en curso

Programa de apoio á oncoloxía pública

A Fundación Amancio Ortega comezou no ano 2015 un programa de apoio á renovación do equipamento tecnolóxico nos hospitais públicos, concretamente na área de diagnóstico e tratamento radioterápico do cancro. O programa iniciouse en Galicia e Andalucía en outubro de 2015 e maio de 2016 respectivamente. Nos primeiros meses de 2017, estendeuse ao resto das comunidades autónomas.

Cunha dotación global de máis de 300 millóns de euros, e en colaboración directa con cada unha das Consellerías de Sanidade das diferentes Comunidades Autónomas, a intervención da Fundación Amancio Ortega permitiu a instalación dun total de 450 equipos de última xeración coas máximas prestacións dispoñibles no mercado.

A incorporación destes novos aparatos, tales como mamógrafos dixitais con tomosíntese e aceleradores lineais avanzados, repercute directamente na calidade de vida dos usuarios da sanidade pública, realizando diagnósticos máis precisos e proporcionando aos pacientes tratamentos máis eficaces, menos agresivos e de menor duración.

Dentro deste proxecto, a Fundación Amancio Ortega firmou en 2017 un convenio con Ingesa, o organismo público dependente do Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade competente para os servizos sanitarios de Ceuta e Melilla. O acordo incluíu tamén equipos destinados ao Centro Nacional de Dosimetría, institución responsable de garantir a seguridade dos profesionais sanitarios públicos expostos a radiacións.

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2015
Entidade colaboradora
Sistema público de saúde, a través das 17 Consellerías de Sanidade e Ingesa
Investimento estimado
310 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
Impacto complementario
ODS: 09
ODS: 10
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2015
Entidade colaboradora
Sistema público de saúde, a través das 17 Consellerías de Sanidade e Ingesa
Investimento estimado
310 millóns de €