Benestar social
Proxectos realizados

Sede de Proxecto Home Galicia

No ano 2010, Proxecto Home Galicia e a Fundación Amancio Ortega estableceron un acordo de colaboración para a construción e o equipamento dun novo centro en Santiago de Compostela para a rehabilitación e a reinserción social dos seus beneficiarios.

As instalacións, nas que máis de 180 usuarios participan diariamente dende 2012 en programas terapéuticos e actividades de formación laboral, supuxeron un reforzo imprescindible para os servizos que Proxecto Home ofrece en Galicia dende 1990.

O obxectivo de Proxecto Home, baseado en principios de gratuidade e aconfesionalidade, é a total rehabilitación e reinserción social da persoa adicta a través do fomento da autonomía e a atención ás familias. Na actualidade conta con milleiros de altas terapéuticas de usuarios que están a desenvolver unha vida allea ás adicións

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2010
Data de fin
2012
Entidade beneficiaria
Fundación Monte do Gozo promotora de Proxecto Home Galicia
Investimento total
7,3 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
ODS: 04
Impacto complementario
ODS: 07
ODS: 09
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2010
Data de fin
2012
Entidade beneficiaria
Fundación Monte do Gozo promotora de Proxecto Home Galicia
Investimento total
7,3 millóns de €