A Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos é unha asociación sen ánimo de lucro que presta servizos de asistencia social dende 1918 na cidade de A Coruña. En setembro de 2014, e froito do convenio asinado con anterioridade entre esta institución e a Fundación Amancio Ortega, inaugurou un novo centro de asistencia social que responde a un concepto e a un deseño innovadores e que aposta pola convivencia de distintos colectivos dentro dun marco común.
A nova sede de Padre Rubinos financiada pola Fundación Amancio Ortega está composta por tres áreas diferenciadas que comparten un mesmo espazo e nas que se atenden a más de 500 usuarios cada día: albergue e comedor para transeúntes sen fogar e sen recursos, residencia e centro de día para maiores (con 146 y 40 prazas respectivamente) e escola infantil con 100 prazas para nenos de 0 a 3 anos, integrada na Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de A Coruña.