A Fundación Amancio Ortega, en colaboración coa Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, impulsou unha plataforma educativa especializada no uso pedagóxico de metodoloxías e da tecnoloxía dirixida a profesores preuniversitarios.
Esta plataforma destacou polas súas conferencias e talleres impartidos por expertos en innovación educativa e difundiu, activamente por medio da súa páxina web e redes sociais, recursos educativos, artigos e videotutoriais abertos a toda a comunidade docente hispanofalante. Máis de 10.000 profesionais da educación seguiron a actividade da plataforma por medio das súas redes sociais.
Inspiratics foi tamén o proxecto impulsor do Concurso Proyecta Innovación, dirixido a facer realidade proxectos de mellora da aprendizaxe na aula e do I Certame Proyecta D+I, premiando ao profesor español coa experiencia máis sobresaliente en innovación educativa.