Benestar social
Proxectos realizados

Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL)

A finais de 2014, e de forma simultánea á renovación do compromiso con Cáritas Española, a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), Premio Príncipe de Asturias 2012 da Concordia, asinou coa Fundación Amancio Ortega un acordo de colaboración dotado con 4 millóns de euros para realizar importantes melloras nas infraestruturas técnicas dos 56 bancos de alimentos federados, na súa estrutura organizativa e na profesionalización da súa xestión.

FESBAL puido adquirir material necesario para a súa actividade (equipos informáticos, cámaras frigoríficas, vehículos, etc.), así como reacondicionar ou comprar naves de almacenamento. Ademais, unha parte da doazón dedicouse á implantación do Proxecto de Riscos Laborais (PRL) para os voluntarios e empregados dos distintos bancos e ao desenvolvemento do Programa Tribal, cuxo obxectivo é mellorar a xestión dixitalizada e coordinada do inventario de alimentos.

Os 56 bancos de alimentos integrados en FESBAL atenden a 1,5 millóns de persoas cada ano por medio de máis de 8.800 ONG e 3.200 voluntarios colaboradores estables.

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2014
Data de fin
2016
Entidade beneficiaria
Federacion Española de Bancos de Alimentos (FESBAL)
Investimento total
4 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 02
Impacto complementario
ODS: 03
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2014
Data de fin
2016
Entidade beneficiaria
Federacion Española de Bancos de Alimentos (FESBAL)
Investimento total
4 millóns de €