En xaneiro de 2024, a Fundación Amancio Ortega e a Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER) asinan un convenio de colaboración para o financiamento das actividades de FEDER destinadas aos pacientes de enfermidades raras e ás súas familias. Grazas a este acordo, FEDER impulsa as dúas áreas básicas nas que traballa: os servizos de terapia aos afectados e as axudas á investigación en diagnóstico e tratamento de enfermidades raras.
Na área de terapias, a colaboración permite á Federación duplicar os seus fondos destinados a abordar tratamentos que permitan a autonomía física e psicolóxica de nenos e adultos, mediante técnicas innovadoras como a hidroterapia, a musicoterapia, a estimulación cognitiva e a terapia sensorial.
Na área de investigación, a achega da Fundación Amancio Ortega permite unha ampliación substancial da convocatoria anual de axudas de FEDER a centros investigadores de España, posibilitando a incorporación de liñas dedicadas a novas patoloxías, ademais do apoio a novos proxectos de investigación complementarios doutros xa existentes.