En xaneiro de 2018, o Concello de Vigo e a Fundación Amancio Ortega asinaron un acordo de colaboración para a construción e o equipamento en Bembrive dunha escola infantil para nenos de 0 a 3 anos. O inmoble foi integrado polo Concello na rede de escolas infantís de titularidade municipal.
As instalacións, construídas e equipadas pola Fundación Amancio Ortega, teñen capacidade para 82 nenos e nenas.