Benestar social
Proxectos en curso

Construción e equipamento de Centros de Atención Integral a Persoas Maiores

O 13 de setembro de 2019, a Fundación Amancio Ortega asinou un convenio coa Xunta de Galicia para a posta en marcha de sete centros residenciais públicos —Centros de Atención Integral a Persoas Maiores— nas sete principais cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo.

A Fundación Amancio Ortega levará a cabo a construción dos sete inmobles, que equipará por completo, para a súa posterior integración na rede pública autonómica de atención a maiores. O investimento estimado pola FAO para o desenvolvemento deste proxecto é de 180 millóns de euros.

En total, os sete centros ofrecerán 900 prazas residenciais: 150 en Vigo e A Coruña e 120 en Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol. Estes centros contarán con servizos innovadores como unidades psicoxeriátricas especializadas no tratamento do Alzheimer e outras patoloxías similares.

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2019
Entidade colaboradora
Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Política Social
Investimento estimado
180 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
Impacto complementario
ODS: 07
ODS: 09
ODS: 10
ODS: 11
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2019
Entidade colaboradora
Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Política Social
Investimento estimado
180 millóns de €