Benestar social
Proxectos realizados

ASPACE (Centro de Formación para a Prevención da Dependencia)

No ano 2016, un acordo entre a Fundación Amancio Ortega e ASPACE Coruña permitiu a creación do Centro de Formación para a Prevención da Dependencia, cuxo obxectivo é que os usuarios da entidade entren en contacto cos novas tecnoloxías dende o comezo da súa etapa escolar e experimenten a través delas unha aprendizaxe máis eficaz e dirixida ao fomento da autonomía na vida adulta.

O Centro de Formación conta con dispositivos tecnolóxicos (encerados interactivos, ordenadores, brazos articulados, controladores de mirada, proxectores, software deseñado para persoas con dificultades motoras, etc.) que traballan a estimulación sensorial e favorecen a participación dos usuarios en actividades de grupo.

Como extensión desta área educativa e comprendidos dentro do mesmo proxecto de colaboración coa Fundación Amancio Ortega, ASPACE creou tamén no seu centro residencial unha vivenda piloto domotizada para o adestramento dos usuarios adultos no uso da tecnoloxía para o fogar aplicada ás súas necesidades e un local social situado no centro de día.

A vivenda piloto conta con 56 metros cadrados distribuídos entre as áreas de cociña-salón e dormitorio-aseo e está totalmente equipada con electrodomésticos adaptados, sistemas de control remoto do entorno (persianas, luces e portas), baño accesible e cama motorizada, entre outros sistemas electrónicos. No tocante ao local social, é un espazo que inclúe unha recepción, unha cafetería e un punto de encontro para as familias atendido polos usuarios de ASPACE co obxectivo de fomentar as súas habilidades de comunicación e favorecer as relacións interpersoais.

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2016
Data de fin
2016
Entidade beneficiaria
Aspace Coruña
Investimento total
75.000 €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
ODS: 04
ODS: 09
Impacto complementario
ODS: 11
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2016
Data de fin
2016
Entidade beneficiaria
Aspace Coruña
Investimento total
75.000 €