Benestar social
Proxectos realizados

Cáritas Española

No ano 2012, a Fundación Amancio Ortega levou a cabo unha actuación a grande escala en materia de benestar social motivada pola difícil situación que atravesaban moitas familias como consecuencia do impacto da crise económica.

O convenio con Cáritas Española, dotado con vinte millóns de euros en 2012 e reforzado con outros vinte millóns de euros en 2014, deu resposta durante cinco anos (dende decembro de 2012 a xuño de 2017) a necesidades básicas de máis de 250.000 fogares en situación precaria, tales como servizos de vivenda (subministración de luz e auga, mensualidades de aluguer, etc.), saúde e hixiene, transporte, alimentación e gasto farmacéutico e escolar. Neste período, Cáritas puido acoller, atender e acompañar a 158.000 familias.

Na colaboración coa Fundación Amancio Ortega participou toda a confederación de Cáritas en España: 68 Cáritas diocesanas, 2.000 Cáritas parroquiais e 150 centros especializados de toda España.

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2012
Data de fin
2017
Entidade beneficiaria
Cáritas Española
Investimento total
40 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 01
ODS: 02
ODS: 03
Impacto complementario
ODS: 04
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2012
Data de fin
2017
Entidade beneficiaria
Cáritas Española
Investimento total
40 millóns de €