Benestar social
Proxectos realizados

Residencia para persoas dependentes ASPRONAGA

Durante o ano 2016, a Fundación Amancio Ortega subscribiu un acordo de colaboración con ASPRONAGA (Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia), entidade de referencia na atención á discapacidade intelectual en A Coruña, para a construción dunha residencia para persoas con grandes necesidades de apoio.

Cunha superficie de 620 metros cadrados, esta residencia está situada no municipio de Oleiros, no que xa están a maioría dos servizos de ASPRONAGA. Conta con 15 habitacións dotadas de baño, salón, comedor, cociña con área de almacenamento, lavandería e dúas salas de coidados e curas, entre outras dependencias, todas elas deseñadas e equipadas de acordo ás necesidades de mobilidade e atención que requiren os usuarios aos que está dirixida.

A Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (ASPRONAGA) presta servizo aos seus beneficiarios dende 1962 grazas ao traballo dun equipo composto por 188 profesionais e 70 voluntarios.

FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2016
Data de fin
2016
Entidade beneficiaria
Aspronaga, Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
Investimento total
2,2 millóns de €
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE / AXENDA 2030
Impacto directo
ODS: 03
ODS: 04
Impacto complementario
ODS: 07
ODS: 09
ODS: 11
FICHA TÉCNICA
Data de inicio
2016
Data de fin
2016
Entidade beneficiaria
Aspronaga, Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
Investimento total
2,2 millóns de €