Proxectos

A Fundación Amancio Ortega canaliza o seu traballo a través de diversos proxectos concentrados fundamentalmente en dous sectores clave para acadar unha vida de calidade: a Educación e o Benestar Social.

No desenvolvemento da súa actividade, a Fundación Amancio Ortega asigna recursos de capital, traballo e coñecemento a cada unha das súas liñas de actuación. Todas as súas accións veñen precedidas dun traballo previo de identificación, valoración e selección de proxectos. Os seus programas desenvólvense nun marco temporal determinado, con metas e obxectivos definidos, e a súa execución vén acompañada dun estrito seguimento e control de resultados.

En ambas áreas de traballo, a Fundación leva a cabo proxectos de xestión propia, desenvolvidos na súa totalidade pola institución, e tamén proxectos de colaboración con outras entidades. Para o desenvolvemento dos proxectos, conta sempre con institucións consolidadas no sector, con ampla experiencia no traballo con persoas e colectivos vulnerables e sempre en estreita colaboración coas administracións públicas competentes.